 |
Lugo destaca pola calidade e variedade da súa oferta gastronómica. Organizadas pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, as I Xornadas Tećnicas Agroalimentarias nacen como preámbulo do Salón E Para Comer Lugo, que se celebrará en 2010. Unhas xornadas que combinaron aspectos técnicos e profesionais coa degustación dos produtos máis sobranceiros da nosa provincia.
Abertas a profesionais e interesados no sector hostaleiro, tiveron lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 27 e 28 de abril de 2009.
[INFO] |
|
 |
Da man de Lugonorte de Espectáculos e Alfa 3 Producciones Artísticas celebrouse este evento que contou coa actuación de cinco das mellores orquestras como son Poceiro de Pontevedra, Aché e Passarela de Vigo, Ledicia de Ourense e Ipanema de León, un espectáculo de máis de 7 horas de duración, con entrada gratuita e servizo de polbo e churrasco, e xogos hinchables para os máis pequenos.
Un evento ao que acudiron máis de 1.200 comisións de festas de toda a provincia de Lugo, así como representantes artísticos e axencias de espectáculos de gran parte de España e Portugal.
|
|
|
Os pasados días 26, 27 e 28 de marzo celebrouse no pazo a Semana Forestal 2009. Dita semana naceu ao abeiro de Foresgal, a feira forestal internacional de Galicia, feira de caracter bianual que terá a súa vindeira edición no 2010, o programa de actividades da Semana Forestal 2009 foi o seguinte:
Xov 26:I Asemblea Técnica Forestal Galega
Ven 27: Xornada do Uso da Madeira no Rural
Sáb 28, á mañá: II Encontro Comunidades Montes Veciñais en Man Común da provincia de Lugo
Sáb 28, desde as 18.00 hras.: Festa da Árbore (coas actuacións de Cucarandainas e Xabarín Club)
Actividades complementarias: Camión do Banco de Terras, exposición de valorización do monte.
ORGANIZADA por: Consellería do Medio Rural e Fundación Feiras e Exposicións de Lugo
COLABORARON: CIS-Madeira, Bantegal, Vicepresidencia Primeira Deputación provincial de Lugo, Xacobeo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Colexio de enxeñeiros de montes, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Asociación Profesional de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Xunta de Galicia, Asociación Profesional das Escalas de Enxeñeiros do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia.
Ubicación: Salón de actos, Sala 2 e Pavillón 2
Máis Información: www.foresgal.com
|
|